REDACCIONES
Published by Unknown under on 4:04
A Semana das Ciencias do
Colexio Bouza Brey
Comezamos a semana
indo a un planetario dentro dun tipo de colchoneta con forma de iglú. Vimos as
constelacións das estrelas e a Terra nas diferentes posicións que estaban nas
estacións do ano. Foi interesante e alucinante.
Despois fomos a facer un experimento en ciencias naturais
sobre un volcán. Estaba formado por un envase de “Actimel” e plastilina arredor
del. Para facer que estoupara facía falta bicarbonato e vinagre. Cando se
mesturou formouse unha gran reacción química.
Para finalizar a semana realizamos o magosto no Vixiador
(cerca da Madroa) un bosque onde hai un parque para os pequenos, grandes
extensións de herba, etc. Eu tomei unhas castañas e paseino de marabilla.
F
i n
Semana das Ciencias no
Colexio Bouza Brey
Nós subimos ao
laboratorio e alí quecemos un envase de iogur cun chisqueiro de alcohol, que coa
calor encolleu. Tamén fabricamos plástico, mesturando cola branca, alcohol e
auga; desta maneira quedou unha mestura xelatinosa que tivemos que deixar
secar.
Finalmente, o xoves
pola tarde fomos ao ximnasio, onde montaran un Planetario. Era coma un iglú
inchable de cor negra, cun proxector no medio, que a través dun vídeo
explicounos cousas sobre as estrelas e as constelacións.
0 comentarios:
Publicar un comentario